Descripción
A alma e o corpo son dous elementos que transitan en unión e en diáspora por Averno un dos libros máis aclamados de Louise Glück. Trátase do terceiro volume desta Premio Nobel de Literatura de 2020 que publica Chan da Pólvora. Glück é unha poeta inquietante e Averno define perfectamente o seu estilo, centrado sempre en responder ás grandes cuestións da alma. A súa escrita reconfórtanos como poeta que bota man dunhas revelacións planificadas para lembrarnos o que de verdade paga a pena en nós. Tamén o que nos permite, desde o seu punto de vista, entender os riscos humanos que nos habitan. A escritura convértese, asi, no seu camiño e na súa busca. De ahí ese equilibrio perfecto entre o lírico e o intelectual que podemos descubrir en Averno. Na poesía de Glück non serven as excusas, pero tampoco falta nunca a compaixón.
Louise Elisabeth Glück [Nova York, 1943-2023] é unha das poeta norteamericanas de maior recoñecemento na actualidade. Ademais do Nobel, recibiu algúns dos máis prestixiosos garalardos do seu país, entre eles o Pulitzer por The Wild Iris en 1993. En 2020 converteuse na decimosexta muller en obter o Nobel de Literatura.
Trátase dunha autora que tece poemas de curte confesional e expresión formal narrativa, reflexiva nun lindeiro que con frecuencia se cruza coa revelación. Nos seus poemas adoita definirse como unha muller que pasou a vida buscando a aprobación da súa nai. “Escribo [asegurou unha vez] para falar a aqueles aos que escoitei”.
Samuel Solleiro [Tui, 1982] publicou en Chan da Pólvora O mundo dos vivos, un libro que marcou o seu regreso á poesía doce anos despois de escribir Punk, o seu poemario de xuventude. O libro afianzou a súa sona de loitar contracorrente, acadada xa na narrativa, e confírmouno como un escritor de gume afiado, capaz de irromper na lectura do poema con descargas de inxenio. Guitarrista no grupo “Ataque Escampe”, Solleiro é tradutor de profesión, licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. Publicou sobre todo narrativa, xénero no que figuran títulos como Dz
ou o libro do esperma (2006) e Gran tiburón branco (2012).