Ferrovías [John Berger e Anne Michaels]

18,00

Esgotado

Categoría:

Descripción

 01-12-2020
978-84-121018-8-1


Ferrovías” é unha colaboración única entre dous escritores de mérito notable. Unha profunda meditación sobre os ferrocarrís, o amor e a perda, ao mesmo tempo íntima e comprometida, que se move do industrial ao metafísico, dos cambios tectónicos da globalización aos latexos interiores da memoria, e do presente a un pasado que aínda existe en rastros vividos, esencias. Este diálogo sensual e exploratorio acompáñase da evocadora fotgrafía de Tererza Stehliková, que traza o seu atmosférico paso en tren polas boscosas paisaxes invernais do sur de Bohemia. Convocando historias poderosas e ocultas, e viaxes profundamente persoais, Ferrovías procura, cunha urxencia rigorosa e reflexiva, dar testeuño da dor das separacións e o consolo dos encontros.


John Berger é un dos intelectuais máis influentes do noso tempo. Autor dunha obra ampla, rica e versátil como poeta, narrador, ensaísta, pintor e crítico de arte, as súas publicacións máis recentes inclúen Hold Everything Dear, From A to X e Bento’s Sketchbook. Nado en Inglaterra, viviu durante máis de medio século en Francia, onde faleceu en 2017.

Anne Michaels recibiu múltiples galardóns e recoñecemento internacional polas súas novelas Fugitive Pieces e The Winter Vault. É tamén autora dos libros de poemas The Weight of Oranges, Miner’s Pond, Skin Divers, Correspondences e All We Saw, así como do ensaio Infinite Gradation. Entre 2016 e 2019 ocupou o cargo de Poet Laureate de Toronto, cidade onde reside.

Tereza Stehlíková é unha artista, cineasta e profesora de artes visuais na University of Westminster cuxo traballo se centra na imaxe en movemento e a performance. Entre moitas outras actividades, fundou a revista interartística Artesian e o colectivo internacional de artistas e investigadoras Sensory Sites, dedicado a xerar proxectos colaborativos que exploran a percepción multisensorial e a experiencia corporal.

Martín Veiga é poeta, tradutor e profesor de estudos hispánicos na University College Cork, onde dirixe o Irish Centre for Galician Studies. Como investigador dedícase principalmente ao estudo da poesía contemporánea, a tradución literaria e a literatura de viaxes no ámbito ibérico. Entre os seus libros de poemas figuran As últimas ruínas, Ollos de ámbar, Fundaxes e Diario de Crosses Green.