Descripción
Físico [Physical], a obra coa Andrew McMillan debutou na poesía, converteuse nun dos grandes acontecementos literarios do ano 2015 na literatura británicana e o xornal The Gardian concedeule por vez primeira a un poemario o premio ao mellor libro de debut.
Ese foi o inicio dunha traxectoria que inclúe galardóns como o Somerset Maugham Award, o Eric Gregory Award, a Northern Writers’ Award ou o Aldeburgh First Collection Prize. A calidade e singularidade de Físico non é para menos. Encontrámonos ante unha poesía
de sintaxe complexa, imaxes turbadoras e mirada punxente sobre a familia e as relacións afectivas. Poucos poetas como McMillan souberon abordar o desexo masculino e as súas expresións a miúdo frustradas. Cun estilo que funde de xeito maxistral a distancia e
a calidez emocional, estes poemas adentran as lectora e os lectores nun ámbito do desexo que fala o idioma da felicidade, da desolación pero tamén o dos códigos secretos do corpo, as súas posibilidades renovadoras e os lindes da decepción.