O caderno de Daia [Luís Cuntín]

16,00

Categoría:

Descripción

02-03-2022
978-84-123183-7-1


O caderno de Daia inicouse en febreiro de 1975, nos últimos meses da ditadura, cando Luís Cuntín coñece en Redondela a unha compañeira de estudos. Logo, O Caderno desbordase con poemas que se foron dirixindo, pouco a pouco, á personaxe sublimada máis que á persoa. Este complexo proceso, tallado de labirintos afectivos, demorouse máis de trinta anos e pechouse definitivamente no 2008, ao concluír a versión actual.

Non estamos, porén, ante unha autobiografía porque o libro se ramifica no colectivo e atinxe as transformacións lingüísticas e ortográficas do propio país, pero resulta evidente que a cadencia do verso é íntima. Cuntín asegura que desde os catorce anos escribe en clave poética as súas vivencias persoais. Fiel a este principio, o Caderno amósanos que a escrita e a vida poden fundirse como a tinta no papel.


Luís Gustavo Cuntín Docampo [Santiago de Compostela, 1960] dedícase á investigación nunha perspectiva sociolóxica, logo de ser director técnico de Obradoiro de Socioloxía de 1998 a 2013, e profesor asociado na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. O caderno de Daia é o seu primeiro poemario publicado pero, previamente, mantivo colaboracións frecuentes co poeta Arturo L. Regueiro. Xuntos, puxeron sobre os escenarios, cos seus propios textos, o espectáculo de poesía e Jazz 2+2 = Silver Street, así como Galiza Cajun e Curriculum oculto, nos que unha serie de textos dos libros homónimos de Regueiro se integran e dialogan entre os recitados e a música do grupo Pettit Swing.