Descripción
24-09-2019
9788412101805
No ano 1996, cando a práctica artística de Berta Cáccamo xa se adentrara nun espazo formal e conceptual propio, plenamente consciente, a artista formula -pinta, escribe- unha frase rotunda e liberadora: enteramente pintado. Este aceno escritural sinxelo e vibrante, sinuoso e firme, ceibe das esixencias de quen xa se sabe definitiva e irremediablemente pintora, revélanos un xeito de facer e pensar a arte como unha estratexia fondamente vital, política. Desde esa máxima, o traballo de Berta Cáccamo cobra forma nunha extensa produción de pinturas, debuxos, cadernos, obxectos e outros rexistros non corporais que viñeron conformando o seu pensamento.