Coas costas dobradas [Pau Vadell]

14,00

Descripción

 25-11-2019
 9788494993183
 Rabo de Egua, número 5


Coas costas dobradas agroma nos intersticios dunha realidade onde o desexo é o único código de comunicación posible. Escrito con paixón, co sangue a vibrar e a pel estremecida, este libro explora a experiencia dunha Mallorca xentrificada onde, con todo, aínda é posible admirar a beleza dun ceo estrelado en Calonge, o mar batendo contra os cons unha tarde de vento. Pau Vadell foi gañador con este libro do prestixioso premio Jocs Florals de Barcelona en 2017, que o confirmou como un dos nomes imprescindibles da nova poesía en catalá.


Poeta, editor de AdiA Edicions, xestor cultural e historiador, Pau Vadell (Calonge, Mallorca, 1984) pubkicou xa unha ducia de títulos, boa parte recoñecidos con distintos galardóns: Els últims Temple (premio Miquel Àngel Riera 2009), Apèndix city (2010), Carnatge (2012), Sang Cremada (premi Vila de Lloseta 2014), Traït (premi Senyoriu Ausiàs March 2015) ou Terra llarga (2019). Tamén é tradutor e participa activamente en movementos sociais e culturais do ámbito lingüístico catalán. Foi cofundador do colectivo Pèl capell, fonte da antoloxía Pedra Foguera. Antologia de poesia jove dels Països Catalans (2008). Recitou a súa obra en festivals da Alemaña, Serbia, Croacia, Palestina, México, Italia. Foi coordinador do Comitè d’Escriptors Perseguits do PEN Catalán (2013-2014) e actualmente dirixde AdiA Edicions, coordina as activitats da Casa Blai Bonet. Centre de Poesia, e é vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua
Catalá das Illas Baleares.