Inmortal Afrodita [Safo]

3,00

Descripción

28-06-2022
978-84-124731-5-5


Limiar e tradución de Raúl Gómez Pato.

A autora á que este ano lle dedicamos en Chan da Pólvora o día do orgullo galego é Safo, a primeira autora da lírica arcaica grega. O poema elixido foi Inmortal Afrodita, un dos poucos poemas da autora que se conservan practicamente íntegros (só lle falta un anaco ao inicio do terceiro verso da quinta estrofa).


Raúl Gómez Pato (Manselle, Dodro, 1961), que xa traballara anteriormente na súa poesía, foi o encargado de traducir o texto, que aparece na colección Rabo de Egua (o número oito) cun limiar tamén da súa autoría. Gómez Pato é poeta, tradutor e director para Editorial Rinoceronte dunha colección de traducións de textos anteriores ao século XX. Entre os seus poemarios figura Sal, auga, vinagre (Medulia, 2019).