Mapa da estría [Andrea Nunes Brións]

17,00

Descripción

28-06-2025
IDIOMA: galego
COLECCIÓN: Rabo de Egua, 11


En Mapa da estría, Nunes Brións vai máis alá na poesía de autoficción, nutríndose coas experiencias en distintos territorios do mundo, desde a China e a Guiné Bissau, a Vietnam, India, México ou Italia. A autora explora a relación entre a xeografía emocional e a cartografía experiencial. Dá conta das ausencias, as incertezas, a precariedade ou o desafío das múltiples linguas e culturas que sinalan as novas coordenadas onde o amor se diversifica como acto de resistencia.
“Ollemos a fenda que dá paso a estría que nos deixará a marca para sempre”, asegura Nunes Brións e con esta frase define a trascedencia dun libro prodixioso, destinado a deixar en nós unha marca indeleble. Estamos ante unha das figuras esenciais da literatura que esculca nas identidades e, ao mesmo tempo, que se axita desafiante na creación de discursos para romper os parámetros do esperable.


Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) vinculou desde os seus comezos a actividade poética coa acción feminista. Corrente de esquecemento (2007) foi o seu primeiro libro (editado por Aturuxo, a Federación de Asociacións LGBTQ). En 2001 publicou Todas as mulleres que fun, onde constrúe un contradiscurso antipatriarcal inserido nunha rede de pensamento crítico. Xunto a María Rosendo, escribiu Diáspora do amor balea, premio de poesía erótica Illas Sisargas no 2017. Como ensaista partiocipou na obra colectiva Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e
histórias LGBTIQ na Galiza (2020) e coordinou, con Anxela Lema, os volumes Tecermos redes, crearmos comunidade, Estudos sobe a obra de María Reimondez (2020) e O cento voando. Amores, desexos e non monogamias (2024). O seu último libro é a antoloxía bilingüe galego-castelán Esta disidencia que habitamos.