Que teñas unha lectura solitaria [Brane Mozetič]

10,00

Esgotado

Descripción

28-06-2017
COLECCIÓN: Rabo de Egua, número 2


Que teñas unha lectura solitaria“, é un conxunto de trece textos do poeta esloveno Brane Mozetic, traducidos por Yolanda Castaño.

A poesía de Brane Mozetic [Ljubljana 1958] avanza desde unha aparente narratividade, aínda que a súa sintaxe pronto delata que os seus procesos creativos son inequivocamente poéticos: a presenza discursiva da moral e os fíos informativos que tece están sempre subordinados á revelación da linguaxe. Considerado un dos mellores poetas da súa xeración en Eslovenia, traducido a máis de vinte idiomas e autor dunha obra tan variada como proenta, Mozetic converteuse nun dos referentes da poesía queer en Europa.


Contornas

“Aínda que Mozetic mesmo usa a etiqueta de poesía gay (a referencia, nun dos poemas deste libro, a James Schuyler e a esa etiqueta na portada dun dos seus libros, é calquera cousa menos casual), sería absurdo limitarse a unha lectura desde ese ángulo. Tamén sería absurdo obviala, se o autor quixo poñela en primero término. Chegará o día (esperemos) en que non teña sentido, pero o que non o ten hoxe é pensar, como escribiu algún crítico de por aquí, que dicir poeta gay é como dicir poeta palentino, comparación que di moio máis do crítico, por certo, que dos gays, os palentinos e os gays palentinos. Se ao nos enfrontar ao luído tema da poesía feminina non debemos obviar que (outra vez: chegará o día que non importe) foron mulleres as que incorporaron o corpo á poesía dunha forma natural, lonxe da procacidade máis ou menos provocadora coa que os homes trataran desde sempre o asunto (de forma un pouco limitada), conviría estudiar como foron poetas gays (quen así quixo chamar a súa poesía) os que falaron do desexo masculino sen andrómenas, con sinceridade, con verdadeira intención de autocoñecemento e sen pretensión de facerlle unha estatua á súa homía no poema: máis ben,
con intención de destruíla”. [Martín López-Veiga no seu artigo Brane Mocetic ou a intensidade].