Azul Monforte [Antón Lopo]

20,00

Categoría:

Descripción

01-01-2024
978-84-124563-1-8


Diarios 1 [Azul Monforte] é un poemario baixo a forma de diario ou viceversa. Técese co azul dos ceos de Monforte, pero tamén de Santiago, O Hío, Barcelona, Ons ou a India. Aquí fuúndense o doméstico e o onírico, o tránsito e a suspensión, as lecturas, as viaxes, a reflexión e os relatos, a vida e a morte. Traxectos que o seu autor desbroza como revelaciones. «A poesía é un fenómeno físico. Pensamos co corpo enteiro», sinala nun dos versos deste libro conmovedor, vertebrado sobre a figura da nai no período postrimeiro da súa vida e sobre os amantes que o foron e permanecen engastados á biografía polo fío da emoción. Porén, o que realmente dá cohesión a estas páxinas é a propia poesía, envolvencia que lle dá sentido ás palabras e ao propio concepto de poema.


Antón Lopo [Monforte 1961]. “Unha linguaxe é o único trascendente que podemos habitar”, asegura o autor, que se move nos límites porosos da poesía, sexa na súa dimensión de performer, poeta, novelista, periodista ou investigador. Desde hai seis anos está ao fronte do equipo que desenvolve en compostela o festival Alguén que respira!. Entre os seus poemarios figuran Pronomes (1998), Fálame (2004) ou Corpo (2018). Na narración publicou obraas singulares dentro do xénero fantastico e de ciencia-ficción, como Ganga (2000) ou Obediencia (2010). A súa novela máis recente Extraordinario (2018) obtivo o Premio da Crítica Española. Dos seus traballos performáticos sobresaen O outro estremo do paraíso (1998) e Lob*s (1999), xunto a Ana Romaní, Prestidixitador (2000), Accións (2004), Dentro (2005) ou Lampíricos (2013), que levou durante varios anos a museos, galerías, bosques, igrexas e casas abandonadas.