Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero) [Marta Dacosta]

15,00

Categoría:

Descripción

18-09-2022
978-84-125905-1-7


Así fala Penélope é un traballo de Marta Dacosta dirixido a todo tipo de lectoras e lectores –pero especialmente a rapazada– que nos dá unha perspectiva única e contextualizada de máis de corenta poetas, desde Xohana Torres e María Xosé Queizán a Olga Novo ou Paula Luís.

A proposta é un apaixonado percorrido que Dacosta propón a través da escrita contemporánea das mulleres galegas. Trátase dun proxecto inédito: unha antoloxía de xénero onde os nomes e as cronoloxías trenzan un relato comunal con poemas que nos descobren como elas, con frecuencia, recoseron as palabras usadas para facelas lucir dun xeito distinto ou como, as máis das veces, optaron polas teas novas. O resultado é unha selección que visualiza autoras, reivindica a literatura e lle ofrece á rapazada unha esixente panorámica da poesía desde finais do século XX ata hoxe.


Marta Dacosta (Vigo, 1966) publicou o seu primeiro libro en 1994, aínda que xa desde os anos oitenta comezou a aparecer en distintas publicacións. Escribiu un libro de viaxes do Baixo Miño e investigou sobre a sintaxe do galego medieval e sobre a obra literaria de Ferrín, Manuel María, Victoriano Taibo, María Victoria Moreno ou Xela Arias. Actualmente, mantén a columna de opiniñon Filla de Medea no xornal Nós diario. Entre os seus últimos libros, figuran Dun lago escuro (2014), Na casa da avoa (2017), Labirinto ou memoria (2018) ou Notas sobre a extinción (2021).