dentes para a mazá. doce poetas en creación [vari*s autor*s]

13,00

Categoría:

Descripción

DATA DE EDICIÓN: 01-08-2017
EAN: 9788494570193
IDIOMA: galego
COLECCIÓN: Sentulo, número 1
MATERIA: narrativa


Chan da Pólvora Editora renova o seu compromiso coa difusión colectiva da poesía que se fai actualmente en Galicia e, desta volta, propón un proxecto sobre doce poetas que non publicaron aínda de forma individual en galego, presentados de forma unificada através dos seus propios retratos cunha mazá. A variade de propostas, a ousadía destas voces dispostas a romper moldes ou a súa radicalidade en vertentes como o feminismo, a identidade de xénero ou a esculca de riscos formais caracterizan este volume.
A maioría de poetas que aparecen nesta proposta editorial, dirixida a difundir obras en creación e familiarizar os lectores con elas, naceron nos estertores do século XX e, dalgún xeito, serán protagonistas e voces do século que andamos. A pesar de estar nos seus particulares procesos de creación, a entidade da súa escrita é tan poderosa que o resulta ineludible o fascinio que exercen. Abeiran das propostas convencionais [iso resulta obvio] pero, sobre todo, tomaron a decisión de falar desde ámbitos que ata agora foran opacos. Aman con plenitude, rebélanse con sangue rebordándolles o corazón, impúlsanse co combustible do coñecemento libre, escriben en ortografías
desacomplexadas, conciben a poesía como unha confluencia de antecedentes non sempre literarios, enxertaron o seu corpo no discurso que é máis resistente que a mesma forza da gravidade.
A súa mirada alustra e os seus dentes son quen de morder a mazá… Que bocado lle agarda ao verbo exuberante? Cal será o do coñecemento que os asfaste do paraíso? Haberá dentes que traben a inmortalidade? Beliscadas que sementen discordias? Dentadas que revelen leis físicas aínda ocultas? Quen morderá a beleza eterna, consciente de que eternidade e beleza son incompatibles? Cal será a mazá do veleno?
Propuxémoslles que nos achegasen o seu proxecto poético e que se fotografasen cunha mazá. O seu retrato é, con frecuencia, unha interpretación da mirada propia [selfie]. Outras veces, a mirada externa é a que retrata. Estamos ante unha experiencia poética
inédita…