Publicado o

‘Trenza’, a poesía de Nieves Neira Roca feita corpo

Nieves Neira Roca presentou este xoves 18 de agosto en Becerreá o seu libro Neve de agosto, título de referencia co que Chan da Pólvora relanzou a súa colección SentuloTrenza é o título da acción performativa coa que a poeta achega ao público o volume, proposta que conta coa participación da creadora musical Olalla Caamaño e da bailarina Cris Vilariño. O espectáculo tamén poderá verse o 27 de agosto en Parada do Courel –a partir das doce da mañá– dentro do programa do Festival dos Eidos, que organiza a Fundación Uxío Novoneyra. O día 24, Nieves Neira estará en Monforte de Lemos xunto Nuria Vilán Prado para recitar ás oito da tarde na Feitra do Libro da cidade, un acto programado por Chan da Pólvora como apoio á poesía na capital da Ribeira Sacra.