para chafullar

María Xesús Nogueira antologa a poesía galega de 2018

A partir da publicación descargable da antoloxía (Dous mil) dezaoito, realizada por María Xesús Nogueira, comezamos a proporcionarlle ás lectoras e lectores unha serie de artigos que analizan a produción poética en Galicia no ano 2018.  Chan da Pólvora encargoulle a Nogueira o seguimento dese período, mentres que para o 2019 será Mario Regueira o que o realice. María Xesús Nogueira Pereira (Berres, A Estrada, 1968) é unha das máis recoñecidas investigadoras da poesía galega das últimas décadas, sobre todo no ámbito que indaga na relación dos procesos da escrita e do xénero. Profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, autora de numerosos traballos sobre poesía contemporánea e sinatura frecuente en diferentes medios escritos (durante anos foi colaboradora tamén no desaparecido Diario Cultural da Radio Galega), María Xesús Nogueira foi unha das teóricas da denominada xeración dos 90. É editora de Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, e colaborou xa con Chan da Pólvora en 13. Antoloxía da poesía galega próxima, coeditada con Papeles Mínimos. Foi presidenta da Asociación Galega da Crítica.

 

 

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies coa finalidade de mellorar o funcionamento e rendemento da páxina web, así como permitir certas funcionalidades mediante o uso de cookies técnicas.

Ao facer clic en "Save all", aceptas o almacenamento no teu dispositivo das cookies necesarias soamente. Podes configuralas ou rexeitalas pulsando o botón "Axustes".

Para obter máis información sobre como utilizamos as cookies diríxeche á nosa Política de Cookies .