Chan da Pólvora Editora aséntase en librarías de referencia pero, sobre todo, nun apoio directo mediante subscricións. Elas e eles non só participan do proxecto senón tamén dunha xeografia literaria compartida.
A subscrición permítiche, entre outras vantaxes, recibir na túa casa un mínimo de dez títulos ao ano, cun prezo medio de dez euros, e un desconto do cinco por cento nas compras que fagas na tenda online.
Tamén abrimos unha liña especial de subscrición para xente sen traballo, medida que trata de facilitar o acceso á poesía nun momento de grandes dificultades económicas, envíanos un e-mail.
Cada unha das subscritoras e subscritores aparece estreitamente ligada a cada volume, de xeito que a historia do catálogo editorial reflicte tamén a comunidade que o fai posible.
As librarías onde podes atopar os nosos libros son as seguintes: Couceiro, Númax, Follas Novas e Pedreira en Compostela; Berbiriana, Xiada e Moito Conto na Coruña; Cartabón, Librouro e Versus en Vigo; Paz e Metáfora en Pontevedra; Wells en Cangas do Morrazo; Trama en Lugo e Papelotes en Monforte de Lemos. No resto dos establecementos o servizo realízase a través da distribuidora Arnoia.
Tamén podes achegarte, coñecer e adquirir os nosos libros a través da tenda on line que atoparás na barra do menú desta páxina. Recibiralos directamente na túa casa por medio de correo postal sen gastos de envío.