Basálticas [Ana Romaní]

17,00

Categoría:

Descripción

10-02-2024


Falar de Ana Romaní é facelo dunha poeta fundamental na literatura galega contemporánea, autora dunha serie de libros que reorientaron a forma de afrontar o poema e a propia escrita poétca, dotándoa dunha perspectiva allea a calquera canon. Estamos ante unha poeta que rexeita as etiquetas para preservarse no compromiso, inasequible ao desalento por máis que os seus versos sexan o resultado de buscar un instante no que o poema irrompe e ilumina. O volume ofrece unha lectura inédita e extraordinaria sobre a proposta persoal e política de Ana Romaní, un percorrido que nos revela o seu traxecto desde a paisaxe con figuras dos primeiros poemas ata a disolución no contextos poshumano da materia.

O libro está traducido por Helena González Fernández, especialista en literatura contemporánea.


A autora

Ana Romaní (Noia, 1962) é unha das voces fundamentais da poesía galega das útimas décadas, con libros como Arden (1998), Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música (2005) ou Estremas ( 2010). Tamén é unha figura fundamental do periodismo cultural des que en 1990 comezou a dirixir o Diario Cultural, programa de referencia no medio radiofónico que lle valeu un recoñecemento unánime, como o Premio Nacional de Periodismo Cultural do ano 2018. Activista, pensadora do feminismo, artífice de proxectos híbridos de expresión como o Laboratorio de indagacións Poéticas (LIPo) e dicidora brillante de poemas en títulos como Estalactitas (2002), Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade (2002) ou A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos (2003), é autora de numerosos ensaios, entre eles Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas (2019).


A tradutora

Helena González Fernández é profesora de estudos galegos e portugueses e investigadora no centro de investigación ADHUC-Teoria, Gènere, Sexualitat da Universidade de Barcelona. Especialista en literatura contemporánea, publicou diversas antoloxías poéticas e numerosos estudos sobre escritoras galegas, como Ana Romaní, Chus Pato, Xohana Torres ou Rosalía de Castro. Traduciu ao galego Capital de la doleur/Capital da dor de Paul Éluard (con Laurence Brault) e Mil cretinos de Quim Monzó. Coordina con Mariám Mariño a histórica hemeroteca A Saia. Publicacións feministas galegas e LGTBIQ+.