Louise Glück, a poeta que se converteu, con tres títulos no catálogo de Chan da Pólvora, nuha das referencia da editorial, faleceu o pasado venres día trece aos oitenta anos. Esta mesma semana, Chan da Pólvora comezou a distribución do terceiro título que publica da autora, titulado precisamente Averno, un intenso conxunto de poemas traducido por Samuel Solleiro que se adentra nas vertentes da alma e da morte. En Chan da Pólvora, sentimos de maneira especial a súa desaparición, non só polo compromiso que fixeramos coa súa obra senón tamén pola admiración que lle rendiamos a unha poesía que, dalgunha maneira, cambiou a nosa forma de entender a creación literaria nas últimas décadas. En Chan da Pólvora tamén se poden atopar os seus derradeiros poemarios, Noite fiel e virtuosa ou Receitas de inverno desde a comunidade.
A alma e o corpo son os dous elementos que transitan en unión e en diáspora por Averno, un dos libros máis aclamados de Louise Glück. Trátase do terceiro volume desta Premio Nobel de Literatura de 2020 que publica Chan da Pólvora, dentro dun proxecto para ofrecerlle aos afeccionados galegos unha panorámica da súa obra. Glück é unha poeta sempre inquietante e Averno define perfectamente o seu estilo, centrado sempre en responder as grandes cuestións da alma. A súa escrita reconfórtanos con poemas que botan man de revelacións planificadas para lembrarnos o que de verdade paga a pena en nós. Tamén o que nos permite, desde o seu punto de vista, entender os riscos humanos que nos habitan. A escritura convértese, así, no seu camiño e na súa busca. De aí ese equilibrio perfecto entre o lírico e o intelectual que podemos descubrir en Averno. Na poesía de Glück non serven as excusas, pero tampouco falta nunca a compaixón.
Receitas de inverno desde a comunidade
Receitas de inverno desde a comunidade [en inglés Winter recipes from the collective] é o primeiro título que publicou a poeta despois do Nobel e apareceu en galego tres meses antes que en inglés. Receitas de inverno desde a comunidade é un libro sorprendente, en parte porque ninguén esperaría que Louise Glück reunise uns poemas de apariencia tan sinxela para a súa primeira publicación despois de recibir o Nobel. Se o seu libro anterior, Noite fiel e virtuosa era un despregamento de recursos que refundaban a súa poesía, agora asistimos a unha inquietante estilización da voz e da expresión. O que en Noite fiel e virtuosa era poñernos diante do abismo da morte, en Receitas de inverno desde a comunidade é colocarnos ante a fiestra do único que en realidade coñecemos: a vida. O poema diversifícase. A temática destílase. A aparataxe simbólica depúrase ou deslízase por superficies retorcidas como paisaxes surrealistas. Aparecen os temas predilectos de Glück e, por suposto, non pode faltar a súa irmá morta, a súa nai ou as historias de amantes sádicos. Todo o seu mundo está aí, incluso as nosas vidas.
‘Noite fiel e virtuosa’
No caso de Noite fiel e virtuosa, Glück estaba exhausta dos moldes aos que sometera a súa poesía e de súpeto deu cun libro toldo e, ao tempo, luminescente, con poemas que somerxen por vez primeira a autora na prosa ata separala dela mesma e outorgarlle unha memoria masculina. O libro salvouna do seu pasado e a cambio conduciuna a un futuro onde xa é posible sentir o alento da morte. A paisaxe que se divisa desde o bordo dese absimo non é porén tráxica porque todo neste libro, desde a homofonía do título en inglés entre noite [night] e cabaleiro [knight], invita aos equívocos e ao xogo, ás lecturas dobres ou á dimensión elástica da linguaxe onírica. O tempo comprímese, os personaxes mestúranse, as identidades de xénero conflúen, os defuntos falan, a infancia regresa para cobrar os seus réditos e a realidade semella, por momentos, máis unha ensoñación que algo equiparable á verdade. Sobre ese material, Louise Glück constrúe atmosferas
Louise Glück
Louise Elisabeth Glück [Nova York, 1943] é unha das poeta norteamericanas de maior recoñecemento na actualidade. Ademais do Nobel, recibiu algúns dos máis prestixiosos garalardóns do seu país, entre eles o Pulitzer por The Wild Iris en 1993. En 2020 converteuse na decimosexta muller en obter o Nobel de Literatura. Trátase dunha autora que tece poemas de corte confesional e expresión formal narrativa, reflexiva nun lindeiro que con frecuencia se cruza coa revelación. Nos seus poemas adoita definirse como unha muller que pasou a vida buscando a aprobación da súa nai. “Escribo [asegurou unha vez] para falar a aqueles aos que escoitei”.
Samuel Solleiro
Samuel Solleiro [Tui, 1982] publicou en Chan da Pólvora O mundo dos vivos, un libro que marcou o seu regreso á poesía doce anos despois de escribir Punk, un poemario de xuventude. O libro afianzou a súa sona de loitar contracorrente, acadada xa na narrativa, e confírmouno como un escritor de gume afiado, capaz de irromper na lectura do poema con descargas de inxenio. Guitarrista no grupo Ataque Escampe, Solleiro é tradutor de profesión, licenciado en Antropoloxía e Filoloxía. Publicou sobre todo narrativa, xénero no que figuran títulos como Dz ou o libro do esperma (2006) e Gran tiburón branco (2012). A súa poesía foi traducida ao castelán por Batiscafo.o da poeta norteamericana Louise Glück, Premio Nobel Literatura de 2020, que o próximo mes de xuño aparecerá en galego da man de Chan da Pólvora. O selo fixo unha forte aposta pola autora e en dúas temporadas publicará tres dos seus libros, entre os que figura o emblemático Averno. Pero antes de que apareza Averno, Chan da Pólvora vaille achegar ás lectoras e aos lectores outros dous títulos de menor difusión pero de grande actualidade, un deles é Noite fiel e virtuosa –con tradución de Samuel Solleiro– e xa para outubro Winter recipes from the colective, un inédito de Glück que aparecerá simultaneamente en galego e inglés.
Un poema de Averno
Sei o que queres:
queres a Orfeo, queres a morte.
Orfeo que dixo “axúdame a encontrar a Eurídice”.
Entou comezou a música, o lamento da alma
vendo o corpo desaparecer