Publicado o

Os mellores versos de Francisco Cortegoso, o poeta que atravesou a vertixe da vida e da poesía

Francisco Cortegoso e Isolda Santiago son dous dos escritores que, desde xeración distantes, influíron de maneira decisiva na poesía galega das ultimas décadas e que, algún xeito, lograron entrar no universo dos poetas de culto. Agora, Chan da Pólvora recupera estas dúas inmensas personalidades en Escrita Oculta –con obras inéditas da escritora– e Nocturno de verán e outros poemas, colleita onde se reúnen os derradeiros textos dun poeta que publicou dous únicos libros, suficientes para elevalo á categoría de lenda. 

Nos meses previos á súa morte, Francisco Cortegoso (Bora, Pontevedra, 1985-2016) escribiu unha serie de poemas que a xuízo de Gonzalo Hermo, amigo do poeta e coordinador do volume que publica Chan da Pólvora, figuran entre “os seus mellores versos”. Agora, estes textos reúnense baixo o título de Nocturno de verán e outros poemas, nunha edición onde tamén se recuperan as dúas separatas que publicou en vida, Ningún home no suplemento Revista das Letras e Encarnación. na revista Grial. En Nocturno de verán atopamos un Cortegoso que non pensa en formato libro, senón que concibe o poema como se fose unha esfera, unha unidade de sentido que só remite a si mesma. Isto supón unha importante novidade na súa obra que o lector saberá xulgar no seu alcance. A súa poesía, en calquera caso, brilla xa para sempre na estela dos grandes poetas da literatura galega.

Francisco Cortegoso (Bora, Pontevedra, 1985-2016) publicou xa en Chan da Pólvora o que sería o seu derradeiro libro, Suicidas, aparecido un día antes da súa morte e hoxe considerado o seu libro capital. No 2013, conseguiu o Premio Pérez Parallé con Memorial e danza, editado ese mesmo ano por Espiral Maior, uns poemas nos que se movía entre as escenografías da revelación, o campo nutricio da rosa e a disolución da paisaxe bravía. Posteriormente, duele ao prelo Suicidas, que Cortegoso escribiu entre os vinte e os vintecinco anos. O volume, con textos xurdidos dunha lectura de distintos escritores suicidas, foron a resposta dun autor insurxente ante un dilema clave na literatura: a consciencia de como a palabra nos forza a ser violentos. Chan da Pólvora tamén publicou Je vous salue, Fran Cortegoso, unha homenaxe de Pablo Fidalgo ao autor, elaborada a partir dun formato performático.