Publicado o

Panxoliña de Arcadio López-Casanova

Arcadia López-Casanova ofrécelle ás lectoras e lectores e Chan da Pólvora unha nova panxoliña, que poderes atopar na sección chanzo. Esta composición únese ás que publicou a finais do 2019 na editora baixo o título A canción da Noite que levas no corazón. O volume, publicado na colección Malaca de fóra cunha coda escrita por Luís Cochón, é unha das achegas máis orixinais de López-Casanova, que nesta plaquette elaboraba unha “crestomatía moi escolleita de cantigas de amor e de amigo, de refrán e mesmo de mestría”, subliñaba Cochón. Agora ofrece Panxoliña da neve de luz, un fermoso texto que conserva íntegro o alento das panxoliñas tradicionais. O poeta, neste sentido, estilizou e actualizou o xenero dunha maneira asombrosa.