Publicado o

Paula Luís pecha ‘Dendrita’, a próxima publicación de Chan da Pólvora

Paula Luís pechou esta semana Dendrita, o seu primeiro libro, que publicará en xuño Chan da Pólvora Editora. Dendrita é unha obra impactante, onde Paula Luís explora os labirintos da identidade, o funcionamento da mente e o xesto poético. A forte personalidade da autora reflíctese nun texto que non deixará indiferente a ninguén, sorprendente na sua concepción e na súa insólita proposta. Poucas veces un libro de poemas accede a espazos tan singulares da profundidade humana como Dendrita. Nacida en Vigo en 1981, Paula Luís estudou medicina chinesa e procesamento forestal. Despois de pasar unha longa temporada en Cataluña e transitar por Compostela, vive actualmente en Freixeiro, unha parroquia de Santa Comba. Traballa no ámbito agrícola. Asegura que unha das cuestión que más lle interesan é a neuroloxía. Continúe lendo Paula Luís pecha ‘Dendrita’, a próxima publicación de Chan da Pólvora

Publicado o

‘Camuflaxe’ de Lupe Gómez, finalista do Best Translated Book Award de Estados Unidos

Camuflaxe de Lupe Gómez vai camiño de converterse nunha das obras referenciais da poesía galega contemporánea. Publicada por Chan da Pólvora Editora no ano 2017 e recoñecida co galardón da Crítica Española ese mesmo ano, Camuflaxe foi elixida agora finalista do premio Best Traslade Book Award, os prestixiosos BTBA que cada ano concede a revista literaria Three Percent da Universidade de Rochester. Erin Moure, unha conexión clave entre a literatura galega e o ámbito anglosaxón, encargouse de realizar a tradución, editada por Circumference Books de Nova York. Camuflaxe está a ter desde a súa publicación unha gran repercusión, tanto de crítica como de lectoras e de lectores. En castelán apareceu baixo o selo de Papeles Mínimos, con tradución de Antón Lopo, e actualmente prepara a súa tradución ao vasco Jon Kortazar. Continúe lendo ‘Camuflaxe’ de Lupe Gómez, finalista do Best Translated Book Award de Estados Unidos

Publicado o

As feridas da sociedade contemporánea en ‘Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo’

Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo permitiulle a Carlos Penela gañar por segunda vez o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, que no 2000 obtivera con Acaso inverno ao tempo que confirmou a súa traxectoria como unha das voces de maior recoñecemento entre os xurados galegos. Agora, en Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo proponnos revisitar os lugares, feridas e liñas de fuga que caracterizaron a súa produción anterior, ofrecendo ao tempo un mapa interior da súa escrita actual. O poema condénsanse pero tamén se converte nunha paisaxe de maior peso narrativo, cunha linguaxe, marcada pola vontade do rigor e da honestidade, que lle permite sortear a devastación do tempo. O libro proponnos revisitar os lugares, feridas e liñas de fuga que caracterizaron a sea produción anterior, ofrecendo ao tempo un mapa interior da súa escrita actual. Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo aparece publicado na colección ELBa [acrónimo de Eusebio Lorenzo Balearón], que comparte Chan da Pólvora Editora co Concello de Dodro.  Unha proposta de descubrir a poesía cando se logra ir máis alá das fronteiras impostas pola linguaxe caduca do presente. Continúe lendo As feridas da sociedade contemporánea en ‘Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo’

Publicado o

‘Tempo fósil’, o sensacional regreso de Pilar Pallarés que lle deu o Premio Nacional de Poesía

Tras case dez anos de silencio, Pilar Pallarés regresa á poesía e faino cun libro sensacional, Tempo fósil, que lle valeu xa o Premio da Crítica Española e o Premio Nacional de Poesía.  Tempo fósil sacode e emociona a partes iguais, escrito coa contundencia e eficacia dunha das autoras máis admiradas de Galicia. Pallarés comezou a escribir Tempo Fósil a finais de 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro levou por diante a casa familiar, que o seu pai construíra coas propias mans. O libro medrou arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas indelebles. Máis que unha indagación na nostalxia, estamos ante un libro sobre o tempo, obsesión dunha autora que contempla e sente a aniquilación como extinción colectiva. Continúe lendo ‘Tempo fósil’, o sensacional regreso de Pilar Pallarés que lle deu o Premio Nacional de Poesía