Publicado o

Os libros de Chan da Pólvora tamén se exhiben no expositor de Euseino?

Os libros de Chan da Pólvora exhibense desde a pasada semana no expositor da Fundación Euseino?, institución que preside Carlos Lema e que ten a súa sede no número 37 da Rúa México, en Vigo. Deste xeito, o local da fundación, cun amplo programa de actividades, convértese tamén nun punto de venda dos títulos lanzados polo selo especializado en poesía. A Fundación Euseino? é unha organización non lucrativa independente.

Constituída en outubro de 2015, a fundación promove a filosofía e a reflexión sobre literatura, especialmente mediante a comunicación pública a través da Internet, libros e publicacións periódicas tanto impresas coma dixitais e electrónicas, con atención especial ao Acceso Aberto. Colabora e participa en actividades dirixidas á difusión e ao debate do pensamento filosófico e científico, ademais do pensamento sobre a Literatura, organizando e patrocinando coloquios, cursos e seminarios.