Publicado o

‘O caderno de Daia’ de Luís Cuntin preséntase o xoves 28 de abril na Fundación Luís Seoane da Coruña coa actuación do grupo Entrelas

A Fundación Luís Seoane da Coruña acolle este xoves día 28, a partir das 20 horas a presentación de O caderno de Daia, o poemario de Luís Gustavo Cuntín que aparece na colección Onsa de coedicións de Chan da Pólvora, neste caso realizada xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto, o autor estará acompañado de Carmen Abella, Javier Pérez Carrasco e Arturo L. Regueiro.  Tamén actuará no acto o grupo musical feminino Entrelas. En palabras de Torres Feijó, autor que se encargou do limiar do volume, Cuntín “faz um livro clássico, clássico não na convenção; na estatura clássico. Umha estatura alicerçada em todos os ângulos e sensações aprofundadas no amor e no desamor, por todas as idas e chegadas e por todos os abandonos. E com ela, espaços e tempos, paisagens e cronologias, aprofundadas e, ao mesmo tempo, ligadas e isoladas na leitura”. 

O caderno de Daia preséntase un día despois do acto da Coruña en Ourense. Será o 29 de abril no Liceo da cidade coa intervención de Javier Pérez Carrasco e Arturo L. Regueiro, ademais do autor. Posteriormente, O caderno de Daia chegará a Pontevedra cun actoprevisto para 6 de maio na Fundación Cuña Casabellas (Rúa Xerardo Álvarez Limeses 12). Cuntín estará acompañado entón por Elias Torres Feijó, Javier Pérez Carrasco e Arturo L. Regueiro, ademais do autor.

Continúe lendo ‘O caderno de Daia’ de Luís Cuntin preséntase o xoves 28 de abril na Fundación Luís Seoane da Coruña coa actuación do grupo Entrelas

Publicado o

Adeus a Arcadio López Casanova

Este luns, once de abril, falecía o poeta Arcadio López Casanova (Lugo, 1942-Valencia, 2022), unha das voces máis aprezadas da denominada xeración dos “novísimos”. En Chan da Pólvora, onde publicou o seu derradeiro poemario, A canción da Noite que levas no corazón, lamentamos a perda do poeta e do amigo, que colaborou tamén na edición dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca preparada por Luís Cochón e Manuel González. En decembro de 2020, precisamente, López Casanova publicou no apartado Chanzo da web unha nova achega ao xénero, Panxoliña da neve de luz, un fermoso texto que conserva íntegro o alento das panxoliñas tradicionais.

A canción da Noite que levas no corazón, publicado na colección Malaca de fóra cunha coda do propio Luís Cochón, é unha das achegas máis orixinais de López Casanova, que nesta plaquette elaboraba unha “crestomatía moi escolleita de cantigas de amor e de amigo, de refrán e mesmo de mestría”, subliñaba Cochón.


 

Publicado o

‘Simún’, unha das relevelacións poéticas da temporada, preséntase este xoves en Númax

Nuria Vilán Prado, máis coñecida nos circuítos da poesía oral galega baixo o seu alcume de Nuria Vil, dá o salto ao formato libro con Simún, o seu primeiro poemario, publicado por Chan da Pólvora. Trátase dunha edición numerada de 250 exemplares numerados que este xoves, día 17 de marzo, se presenta na libraría de Númax a partir das oito do serán. Canda A autora, estará unha das súas colaboradoras inseparables: Vanessa Glemsel. O volume recolle a paixón pola calidade da edición e a innovación de Chan da Pólvora, con cromatismos ácidos e xogos de perspectivas nos troqueis,aliados cun texto destinado a converterse na gran revelación do ano.

Nuria Vilán presenta o volume este xoves día 17 de marzo na libraría de Númax, nun acto onde estará acompañada por unha das súas máis estreitas colaboradoras, Vaness Glemsel, outra das poetas emerxentes que actualmente traballan en Galicia.

Chan da Pólvora Editora publica Simún despois de que Nuria Vilán Prado formase parte do volume Dentes para a mazá, unha antoloxía de poetas en formación onde compartía espazo con Iago González, Alexandre Fernández, Eilún del Pazo, Daniel Amarelo ou a propia Vanessa Glemsel, creadora esta última coa que Vilán Prado forma unha asombrosa alianza artística de poesía escénica.


 

Publicado o

Luís Cuntin publica ‘O caderno de Daia’, a historia de corenta anos de amor e sublimación

Un libro onde a literatura e a vida se mesturan. Asi é Caderno de Daia, o poemario de Luís Gustavo Cuntín que aparece na colección Onsa de coedicións de Chan da Pólvora, neste caso realizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O vindeiro mércores, nove de marzo, o libro preséntase, a partir das oito da tarde, no Café Airas Nunes de Santiago de Compostela, nun acto onde participarán o propio autor e Elias Torres Feijó –autor do limiar do volume– xunto a Arturo L. Regueiro, Javier Pérez Carrasco, o editor Antón Lopo e Valentín García, titular de Política Lingüística. En palabras de Torres Feijó, Cuntín “faz um livro clássico, clássico não na convenção; na estatura clássico. Umha estatura alicerçada em todos os ângulos e sensações aprofundadas no amor e no desamor, por todas as idas e chegadas e por todos os abandonos. E com ela, espaços e tempos, paisagens e cronologias, aprofundadas e, ao mesmo tempo, ligadas e isoladas na leitura”. 

O caderno de Daia iniciouse en febreiro de 1975, nos últimos meses da ditadura, cando Luís Cuntín coñece en Redondela a unha compañeira de estudos. Logo, o Caderno desbordase con poemas que se foron dirixindo, pouco a pouco, á personaxe sublimada máis que á persoa. Este complexo proceso, tallado de labirintos afectivos, demorouse máis de trinta anos e pechouse definitivamente no 2008, ao concluír a versión actual.

Non estamos, porén, ante unha autobiografía porque o libro se ramifica no colectivo e atinxe as transformacións lingüísticas e ortográficas do propio país, pero resulta evidente que a cadencia do verso é íntima. Cuntín asegura que desde os catorce anos escribe en clave poética as súas vivencias persoais. Fiel a este principio, o Caderno amósanos que a escrita e a vida poden fundirse como a tinta no papel.

Continúe lendo Luís Cuntin publica ‘O caderno de Daia’, a historia de corenta anos de amor e sublimación

Publicado o

‘Palmeiras, piueiros’ preséntase en Vila Nova da Cerveira este sábado cinco de marzo

Palmeiras, piueiros, o primeiro libro de poesía que pubica Anxo Angueira logo de quince anos, preséntase o próximo sábado cinco de marzo en Vila Nova da Cerveira (Portugal), nun acto no que participa Maria Alonso Seisdedos e no que o autor recitará varios poemas do libro acompañado á guitarra por Sechu. O acto comezará ás catro da tarde (hora portuguesa) e terá lugar na Associaçao Poética Porta XIII de todas as artes.

Angueira levaba quince anos sen publicar poesía ata a aparición deste libro inesperado, cun título onde conviven o que morre e o que renace, o vexetal e o pétreo, o exótico e o enxebre, o coñecido e o por descubrir. O libro, porén, non rompe só un silencio prolongado senón que ofrece unha perspectiva poética global do autor no seu sensenta aniversario. “Calquera fronteira que poidades imaxinar ou coñecer, calquera cicatriz que en falso fose cosida é rebentada pola forza desta escritura”, asegura Chus Pato respecto dos poemas de Angueira nas achegas das Contornas que pechan o volume, apartado que comparte coa reveladora entrevista de Xabier Cordal e a autopoética do propio poeta.


 

Publicado o

‘O mundo dos vivos’ de Samuel Solleiro aparece nas traducións ao catalán e ao castelán

El món dels vius é o título en catalán de O mundo dos vivos, o poemario de Samuel Solleiro que publicou Chan da Pólvora e agora aparece no selo balear AdiA Edicións. Paco Esteve, que foi lector de catalá na Universidade de Santiago, encargouse da tradución, incluída na colección Ossos de Sol. A ciolección coordínaa o poeta mallorquín Pau Vadell, do cal se pode ler en galego unha das súas obras cimeiras, Coas costas dobradas, tamén en Chan da Pólvora. O libro de Solleiro, considerado a figura emblemática da poesía outsider galega, chegou recentemente ás librarías españolas tamén en castelán, da man do selo Bastiscafo.

Continúe lendo ‘O mundo dos vivos’ de Samuel Solleiro aparece nas traducións ao catalán e ao castelán